Unha primeira novela, un libro que triunfa en Xapón e a orixe dos unicornios
Nesta liña abrimos hoxe o Faiado dos libros para gozar no Espazo Lector Nobel
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O faiado dos libros: novas propostas
Ourense
Abrimos o faiado. No noso, non hai trastos, pero si memorias. Historias, literatura e ese artigo marabilloso con arrecendo a aventuras: o libro.
Celia Fernández é responsable do Espazo Lector Nobel e a primeira lectura que nos trae para este fin de semana último de xullo é o libro do xornalista Alberto Mancebo “O que me quedaba por dicirche” da editorial Xerais. É a primeira novela do vimiancés na que nos podemos achegar á vida de Xoán, un extraño protagonista dentro dunha historia familiar.
A segunda proposta son 185 páxinas asinadas por Hisashi Kashiwai, "Los misterios de la tarbena kamogawa". Trátase da segunda edición dunha “historia deliciosa que mistura misterios e cociña. Unha novela que triunfa en Xapón e en todo o mundo” segundo afirman dende a provia editorial Salamandra.
"Era unha vez un corno de unicornio” de Triqueta editora é a proposta que Fernández nos suxire para as pequenas e pequenos da casa. Un libriño de Beatrice Blue que profundiza na orixe dos cornos dos unicornios.




