Sociedad | Actualidad
Chandefolk

Chega Susana Seivane ao Chandefolk de Nigrán este luns 14

Este festival suma música, tradición e cultura, e conta este ano coa observación das Perseidas

Miguel Vidal

O Concello de Nigrán consagra este ano o festival Chandefolk a Susana Seivane, ilustre gaiteira galega e auténtica lenda viva deste instrumento.

A cita será o luns 14 de agosto ás 22:00 horas en Chandebrito, no merendeiro de Chans de Rapadouro, ao carón do campo de fútbol, pero o festival Chandefolk arranca xa este martes día 8 de agosto cunha observación das perseidas guiada por un experto do Centro Astronómico de Trevinca desde as 22:00 horas no "Bosque da Memoria" (explanada do Castro de Chandebrito, zona libre de contaminación lumínica) e, como novidade, continúa o xoves 10 de Agosto ás 21:30 horas cunha ruta nocturna polos petróglifos da parroquia (a que máis gravados presenta de Nigrán) a cargo de Árbore Arqueoloxía (parte desde o Colexio Estudio).

Todas as actividades son gratuítas e abertas á participación de veciñanza e visitantes, que tan só deben acudir ao lugar na hora indicada. Ademais, o concerto terá as mochilas vibratorias do Concello a disposición de toda aquela persoa xorda que as solicite a través do mail info@entresignos.com ou no WhatsApp 690679675

Chandefolk

No Chandefolk colabora de xeito activo a Asociación de Veciños, Comisión de Festas e Comunidade de Montes da parroquia e, a maiores, o concerto de Susana Seivane forma parte do programa Musigal da Deputación de Pontevedra de promoción e difusión de música galega. No recinto do concerto os veciños disporán de barra de bebidas con chouripáns á venda.

"A presencia de Susana Seivane consagra definitivamente ao Chandefolk como un dos mellores festivais de folk de Galicia, estamos falando dunha das grandes estrelas da música galega que se suma aos protagonistas das anteriores edicións: Xulio Lorenzo, Roi Casal, Milladoiro, Budiño e Xavier Díaz", explica o alcalde, Juan González, quen indica que Chandefolk naceu para promover Chandebrito como unha das parroquias con máis atractivos de Nigrán, "por iso o festival non se limita a un concerto e inclúe outras actividades".

O concerto de Susana Seivane

Susana estará acompañada no escenario por un elenco de músicos de talento, Miguel González ao saxo; Rubén Deschamps á guitarra e mandolina; Carlos Freire á batería e percusión tradicional e Iago Rodríguez ao baixo eléctrico. Con eles consegue un espectáculo gran fresco, dinámico e orixinal que mantén a diversión do público dende os primeiros compases ata o último bis porque xuntos conquiren unha mestura áxil e moderna que afonda a súa raizame no máis profundo da tradición galega, deixando arrolar a súa ramaxe nos ventos dos novos tempos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00