Carmela Silva “Feijóo amosou que é un político pouco fiable, que non ten proxecto para España...que é unha persoa que di unha cousa e fai todo o contraria”
Carmela Silva, senadora e primeira tenente de alcalde de Vigo. Foi deputada no Congreso e presidenta da Deputación de Pontevedra, tamén foi voceira do PSOE no Senado na lexislatura de 2008 a 2011. Declaracións en entrevista en A Vivir Galicia - Cadena SER
Entrevista a Carmela Silva
Santiago de Compostela
Carmela Silva sobre a investidura “o outro día, na elección da mesa (do Congreso), quedou claro 178 votos fronte a 139. O que sí está claro que o líder da oposición, o Sr. Feijóo, non ten ningunha posibilididade, debería renunciar para facilitar un goberno que soamente ten posibilidades de encabezar Pedro Sánchez”.
Carmela Silva sobre o Senado con maioría do Partido Popular “non me sorprendería que usaran unha institución para bombardear, non a un goberno, a un país. Eu, non podo olvidar, que o presidente do Senado, o Sr. Rollán, é o da aquela terrible frase que o vai perseguir sempre decindo que a lei de Vivenda se asentaba no ataque terrista de Hipercor”
Carmela Silva e as primarias do PSdeG-PSOE “Eu son moi respetuosa cos tempos, co que ten que ver co vida órganica do Partido Socialista...estou feliz e non me plantexo absolutamente algunha outra actividade política que as que xa teño (primeira tenente de alcalde de Vigo e senadora) ...non é o momento de falar de nomes, eu creo que hai que respetar a militancia...o que non pode ser é que os dirixentes comecemos a dar nomes”. “Se Feijóo é un político que eu considero non fiable e que non ten nivel para levar adiante esta comunidade nen España, o mesmo penso do señor Rueda. Galicia precisa de que haxa un cambio, de gobernos progresistas” “é o momento de que nos emocionemos, nos ilusionemos e nos poñamos a traballar moi en serio para conquerir en cambio”.