Familias e concello loitan para evitar o peche da unitaria de Carnés
A Xunta esixe un mínimo de seis alumnos para non pechar a escola
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/OOOLJIKV3JBRVN2KIUT3IXOJOM.jpg)
Costa da Morte
Logo de coñecerse que a escola unitaria de Carnés está na lista publicada pola Xunta de escolas que non abrirán as portas o vindeiro curso, familias e concello empezaron a buscar unha solución para evitar o peche.
O Obxectivo é atopar dous alumnos máis. Dende a Xunta establecen un mínimo de seis alumnos para manter aberta esta escola do rural, neste momento só hai 4 matrículas. Segundo expuxo a alcaldesa Mónica Rodríguez, buscan que volva algunha das familias que inicialmente pediu praza neste colexio e logo retirou a solicitude.
Rodríguez conversou este luns co Xefe Territorial Indalecio Cabana e reuniuse logo coas familias. A única solución que admite a Xunta é lograr ese mínimo de 6 matrículas.
Na tarde do luns Mónica Rodríguez mantivo unha conversa co xefe territorial Indalecio Cabana e logo reuniuse coas familias para trasladarlle as condicións que impón a administración autonómica.
A alcaldesa de Vimianzo coincide coa presidenta da Federación de Anpas da Costa da Morte en que a Xunta debe ser máis flexible na aplicación de rateos no rural. Asegura Rodríguez que deben abordarse estas situacións dende un punto de vista máis amplo,considera necesario que se calcule o alumnado que haberá no colexio nos vindeiros anos e non exclusivamente o curso actual. O prazo de matrícula remata o 8 de setembro.