Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Activan a prealerta por escaseza moderada de auga no río Grande en Camariñas e mantense no Anllóns

No concello da Laracha non descartan cortes temporais

MONICA ARCAY CARRO

Costa da Morte

O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, presidiu a reunión da Oficina técnica da seca, na que participan Protección Civil, Meteogalicia, a Consellería de Medio rural e a Consellería de Sanidade. Entro outras decisións, os técnicos decidiron activar a prealerta por escaseza moderada de auga no treito final do río Grande en Camariñas, así como a de prolongar a prealerta no río Anllóns.

A situación de prealerta implica a realización dun seguimento intensivo da situación meteorolóxica e os niveis de ríos, encoros e acuíferos, así como das posibles incidencias que se detecten. Ademais prevense medidas de concienciación da cidadanía.

No concello da Laracha non descartan cortes temporais do subministro de prolongarse a actual situación. Nas últimas horas veñen de analizar os puntos de captación e insisten na necesidade de que a poboación cumpra coas medidas de aforro de auga e consumo responsable. Na mesma liña actuou o concello de Carballo, solicitando que se reduza o consumo de auga por parte da cidadanía, son consellos tan básicos como non lavar o coche ou non encher as piscinas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir