Política

Pequeño: “Vou ter tres anos sabáticos, non é un punto e final senón un punto e seguido”

O exalcalde critica o maltrato das administracións á Costa da Morte e pide menos localismos

Costa da Morte

O exalcalde de Dumbría pasou este xoves polos estudios de Radio Nordés para charlar da súa situación logo de deixar a alcaldía. Pequeño amósase cómodo na súa nova vida logo de 40 anos dirixindo o concello dumbries, dedicando o tempo a ler e á familia.

O exalcalde está orgulloso do traballo feito durante os seus anos no goberno local e está moi agradecido polo traballo de funcionarios, traballadores e compañeiros de goberno sen os que non tería sido posible avanzar como se fixo en dumbría. Destaca como punto de inflexión na promoción do concello que supuxo a chegada de La Vuelta ao Ézaro e como o peor momento os anos da pandemia. Precisamente nese tempo de confinamento foi cando empezou a barallar a decisión de deixalo. Asegura que houbo quen lle propuxo que se presentase para marchar aos dous anos, pero non lle pareceu unha maneira axeitada de poñer punto e final á súa traxectoria.

Pequeño deixou caer que non é un adeus definitivo á política, que en tres ou catro anos pode volver, aínda que non como alcalde. O dumbriés reflexiona sobre o trato que recibe a Costa da Morte por parte das administracións ou a necesidade de que os concellos pensen mías en clave comarcal.

Entre os proxectos que lle quedaron sen realizar está a canle de augas bravas, considera que para que sexa unha realidade debe haber un cambio de goberno na Xunta e amósase convencido de que ese cambio é posible e que depende do PSOE.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00