Economía y negocios

Inician os trámites para a crear un polígono agroforestal en Coristanco e Carballo

Os alcaldes de ámbolos dous concellos participaron nunha xuntanza veciñal con representantes da Consellería do Medio Rural

Costa da Morte

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou na xuntanza informativa á que asistiron algo máis de corenta veciños e veciñas xunto cos alcaldes e na que se expuso o proxecto de creación dun polígono agrofestal entre os concellos de Coristanco e Carballo. tratarase do primeiro deste tipo na comarca e un dos primeiros de Galicia. A maior parte da superficie do polígono concentrase na parroquia coristanquesa de Erbecedo e tamén nas carballesas de Rus e Ardaña.

O obxectivo central foi dar a coñecer a iniciativa, resolver as posibles dúbidas e arrincar un primeiro compromiso de participación por parte da veciñanza. Tal como explicou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, o polígono agroforestal “vaise facer se os propietarios queren. Se queren, por parte da Xunta hai boa disposición”.

O polígono agroforestal desenvolveríase nunha superficie de 84,73 hectáreas, que están distribuídas en 407 parcelas de 261 titulares catastrais. O primeiro paso será, precisamente, a investigación da titularidade das terras. A partir de aí enviarase unha notificación individual a cada propietario/a, que debe amosar a súa conformidade. Para o desenvolvemento do proxecto é preciso o acordo das persoas titulares do 70% da superficie.

Os representantes da Xunta explicaron que o polígono agroforestal é similar á concentración parcelaria, aínda que vai un paso máis alá. Esta figura obriga á propiedade a escoller entre “poñer a producir a parcelar, vender ou arrendar”. No caso de que opte pola venda, a Xunta de Galicia convocaría un concurso público, e no caso do arrendamento, as parcelas pasarían a formar parte do Banco de Terras. Búscase evitar o abandono dos terreos cultivables, que neste caso son, ademais, especialmente fértiles.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00