Vimianzo seleccionado novamente para desenvolver unha iniciativa sobre alimentación e cambio climático a nivel europeo
É a segunda vez que o concello soneirán participa, sendo subvencionados un máximo de 6 proxectos en cada convocatoria no territorio europeo
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/PF2BYAWCSNGMPE27CGYZ3WU33U.jpg)
Costa da Morte
O Concello de Vimianzo foi seleccionado por segunda ocasión para participar no proxecto ‘Food Wave’ liderado polo Concello italiano de Milán e cofinanciado pola Comisión Europea. O obxectivo principal é involucrar á mocidade de 16 a 35 anos para que modifiquen os seus hábitos e promover activamente o cambio cara sistemas alimentarios inclusivos como parte da estratexia para minorar o cambio climático.
As vías para chegar a eles serán os eventos gastronómicos festivos, os centros educativos e as asociacións. Para logralo promoveranse un conxunto de faladoiros, talleres e seminarios baseados no poder ecolóxico do consumidor de alimentos.
Tomarase tamén en consideración a producción local de alimentos e hortos familiares para autoconsumo co fin de promover o cultuvo e uso destes alimentos na elaboración de dietas saudables e sustentables, seguindo a filosofía quilómetro 0.