Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Vivindo A Costa da Morte
Ocio y cultura

Carballo ergue o telón do FIOT

Haberá 38 espectáculos, incluíndo 10 estreas, durante todo o mes de outubro

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; ou vicepresidente da Deputación da Coruña Xosé Regueira participaron na posta de longo do FIOT 2023

Carballo

O teatro ocupa o centro da escea durante o mes de outubro en Carballo. A 32ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro foi presentada este xoves cun amplo programa de espectáculos que se poderán desfrutar entre o 28 de setembro e o 31 de outubro. O público poderá desfrutar da presenza de actores contrastados coma Javier Gutiérrez, Ariadna Gil ou Luis Bermejo durante a edición de 2023. Coma ben sendo habitual, o certame entregará o premio Xograr ou Xograresa de Outono e neste 2023 será unha Xograresa, a xornalista Ana Romaní.

O FIOT ten este ano un fío condutor: a loita contra a intransixencia, un desexo que queda plasmado no deseño do cartel, representando empatía, agarimo ou afecto. O festival presenta unha oportunidade única tanto de poder desfrutar das mellores montaxes teatrais do momento como de dar protagonismo ao máis relevante do panorama escénico de Galicia. Deste xeito pasarán polos escenarios carballeses intérpretes coma Javier Gutiérrez, Ariadna Gil, Vicky Luengo, Pepón Nieto ou Pepe Viyuela. Tamén co talento autóctono nas figuras de Candido Pazó, Quico Cadaval ou Soledad Felloza.

O FIOT 2023 incluirá 10 estreas absolutas, cos espectáculos "Apaga o candil" (coproducido por Contraproducións e o propio FIOT), "O pequeno Poni" de Redrum Teatro; "Sonchistorias" de Xan Veiga; "Tres vellas na romaría" de Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Guti, "É meu amigo!" de A Trastenda dos Contos e as cinco pezas do certame Metro Cadrado para desfrutar os sábados de outubro.

Así mesmo, o FIOT traerá a Galicia por vez primeira montaxes coma "Forever" de Kulunka Teatro, "La maja y la mona (y viceversa)" de Maribel Salas e Susana Sotelo; "El testamento" de Zum-Zum Teatre, "Duelo" de Jean Philippe Kikolas, "Hay alguien en el bosque" con Ariadna Gil e "Piensa Wilbur" de Wilbur".

Na edición de 2022 foron máis de 10.000 persoas as que desfrutaron dos espectáculos programados, unhas cifras que lle valeron ser recoñecido como a iniciativa cultural máis destacada do 2022 pola Fundación Contemporánea. Dentro do capitulo dos recoñecementos, o "Camiño Escena Norte", un programa de intercambio entre Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra, elexiu ao FIOT como representante galego para dar proxección exterior ao proxecto. Grazas a este circuito poderase desfrutar en Carballo a obra gañadora do Premio Max 2023 á mellor labor de produción: "Sexpiertos", de Tanttaka Teatro.