Piñor acollerá a primeira proba de Rallysprint de Galicia
No mes de Novembro o concello ourensán de Piñor acollerá esta proba
Piñor acollerá a primeira proba de rallysprint / FGA
Os días 11 e 12 de Novembro, Piñor acollerá, a primeira proba de Rallysprint de Galicia, esta cita, será un banco de probas
para a creación dun certame na tempada 2024, constará de dous treitos cronometrados que se percorrerán en dúas ocasións,
cunha extensión de entre 40 e 50 quilómetros, todo na mesma xornada.
O proposito da Federación Galega de Automobilismo e introducir unha modalidade con amplo éxito noutras autonomías e
abaratar os custos dos equipos.
Nas próximas semanas publicarase o regulamento e detalles desta cita, que a FGA acolle con moita ilusión e o firme desexo
de que sexa un éxito tanto de organización como participantes.