Directo

LA SER, EN WHATSAPP Síguenos para estar al día de la actualidad, conocer las noticias más leídas y descubrir historias

Política

Carballo ensaiará un bus urbano na semana da mobilidade

Probarase entre o luns 18 e o venres 22 e será gratuito para os usuarios

Carballo

Carballo porá en marcha un proxecto piloto de bus urbano durante e semana da mobilidade. O ensaio servirá para comprobar a demanda que podería ter un servizo así no caso de optar por facelo definitivo. A proba terá lugar na Semana Europea da Mobilidade, entre o luns 18 e o venres 22, e será gratuito para todos os veciños.

O autobús realizará un percorrido con 11 paradas: estación de autobuses, parque de A Revolta, capela da Milagrosa, mercado municipal, rotonda de Gran Vía- Vázquez de Parga, viveiro de empresas do polígono de Bértoa, rúa Wolframio, As Eiroas, centro de saúde, centro comercial Bergantiños, rúa Perú e retorno á estación de autobuses.

O servizo comenzará ás 6:30 para facilitar o desprazamento aos traballadores que acuden ao polígono de Bértoa, paliando así a falta de transporte colectivo a un área que acumula gran parte dos desprazamentos diarios na vila. No seu día o concello carballés tentou que a Xunta incluira unha parada en Bértoa dentro da liña Carballo-Coruña, unha alegación que non foi aceptada.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00