Directo

LA SER, EN WHATSAPP Síguenos para estar al día de la actualidad, conocer las noticias más leídas y descubrir historias

Gente

Un varón, a piques de perder a vida na praia en Malpica

Foi rescatado pola súa parella e outros usuarios do areal cando a situación xa era límite

O helicóptero do 112 mobilizado en Razo neste verán

Malpica

Un varón duns 50 anos e residente en Carballo estivo a piques de morrer afogado na praia de Canido, en Malpica. Eran as 15:30 cando saltou a alarma no areal. Un bañista estaba a ser arrastrado mar adentro e loitaba por manterse a flote. A estas alturas do ano xa non hai servizo de socorristas nas praias e foron outros paseantes os que colaboraron coa parella do accidentado para sacalo da auga. Coa axuda dun salvavidas e unha corda de gran tamaño foron capaces de arrastralo á beira do mar cando xa aboiaba na auga.

Ao chegar a terra firme foi preciso efectuar manobras de reanimación xa que a vítima tragara moita auga e xa perdera o coñecemento. Un membro de Protección Civil practicoulle técnicas de resucitación, recuperando as constantes vitais tralo que foi evacuado ao CHUAC nunha ambulancia. Foi mobilizado un helicóptero do 112 que finalmente non foi precisa a súa actuación para o traslado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00