Adhesivos para denunciar o depósito indebido de residuos
O Concello de Tomiño inicia unha campaña tras detectar numerosas incidencias por abandono de voluminosos en lugares públicos
Entrevista a Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente de Tomiño
Tomiño
Dende hai meses veñen aparecendo voluminosos e residuos en xeral depositados fóra de lugar en diferentes puntos de Tomiño. Unha problemática que leva ao Concello a por en marcha unha campaña para fomentar o depósito correcto de residuos.
Nesta acción se sinalarán visiblemente todos os residuos depositados fóra de sitio para evidenciar as malas prácticas e fomentar que a veciñanza sexa responsable e utilice os colectores axeitados para cada tipo de residuo e faga uso do servizo de recollida de voluminosos.
A situación está a implicar problemas de salubridade e limpeza, xa que o lixo depositado na rúa produce malos cheiros e atrae animais, que o removen e espallan. Este feito, explican dende o Concello tomiñés, altera gravemente o traballo de recollida por parte dos operarios municipais, que ademáis do seu labor habitual teñen que localizar e recoller os residuos ciscados fóra de lugar.
Depositar lixo e voluminosos fóra do seu lugar non só xera problemas de sucidade e malestar para toda a veciñanza, senón que pode carrexar multas de ata 750 euros, ou superiores se a incidencia é grave, para as persoas que cometen as infraccións.
Dende o Concello lémbrase que existe un servizo gratuíto de recollida de voluminosos porta a porta. Para utilizalo, só hai que chamar ao teléfono 986 622 001 e nel recibiranse as indicacións de día e horario de recollida. Ningún residuo voluminoso debe ser depositado ao lado dos contedores de lixo.
Marci Varela
Vigo (1987) Presentador habitual de La Ventana...Vigo (1987) Presentador habitual de La Ventana Metropolitana y el Hoy por Hoy Baixo Miño. Narrador de partidos del RC Celta de Vigo. Presentador del programa Vigo a Debate en TeleVigo