Iago Toba denuncia que o entorno de IxM se comportan coma matóns
O alcalde muxián asegura que as ameazas e insultos a concelleiros ao PSOE e PP son constantes
Costa da Morte
O alcalde de Muxía, Iago Roba, explicou hoxe en Radio Nordés porqué preguntou no pleno deste mércores a unha concelleira Independente se o seu entorno pertencía a unha “banda xuvenil callejera”. Segundo denuncia Iago Toba, tanto el coma outros concelleiros do seu grupo e do Partido Popular, están sendo acosados e insultados polas rúas por parte de persoas pertencentes ao entorno dos independentes. O alcalde vai máis aló e asegura que os dirixentes do partido son coñecedores deses feitos e mesmo que os presenciaron en directo en algunha ocasión e insiste en que en ningún momento fixeron nada por evitar estes comportamentos.
Segundo Toba a situación e insostible e por iso decidiu levar o asunto ao pleno, asegura que volvería a facelo se así logra chamar a atención para que cese o acoso ao que stán sendo sometidos.
Con respecto ao pleno o alcalde considera que foi unha perda innecesaria de cartos ao abordarse obras que poderían votarse no pleno ordinario da próxima semana. Toba fai fincapé en que algunhas das obras propostas polos partidos convocastes xa están aprobadas e unha delas ata licitada.