Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A United States Lighthouse Society visitará os faros de Camariñas e Fisterra

A entidade, creada no ano 1984, é considerada como a asociación de amigos dos faros máis grande e coñecida dos Estados Unidos e conta con preto de tres mil socios

Costa da Morte

A visita será próximo martes, 26 de setembro e enmárcase dentro dun percorrido, organizado pola asociación estadounidense, polos faros da costa Cantábrica no que participan 23 socios e socias e que comezará mañá, sábado 16 de setembro, en San Sebastián e rematará en Fisterra o 26 de setembro. Dentro do seu itinerario de viaxe teñen previsto visitar 37 faros e subir a 10 das súas torres, incluíndo a Torre de Hércules na Coruña.

A expedición subirá á torre do Vilán e, na sala de exposicións, poderá desfrutar dunha presentación sobre o faro, a historia do HMS Serpent e o Cemiterio dos Ingleses, tamén dunha visita ao museo. Haberá un acto de recepción oficial antes de que saian cara Fisterra onde se poñerá punto e final á viaxe por España deste grupo de amantes dos faros.

A United States Lighthouse Society é a asociación de amigos dos faros máis grande e coñecida dos EEUU. É unha asociación sen finalidade de lucro creada en 1984, con preto de tres mil socios, a gran maioría nos Estados Unidos.

Os obxectivos da organización son a formación dos socios, e do público en xeral, así como da importancia histórica dos faros e os fareiros e tamén a colaboración na conservación destas edificacións históricas. Unha das súas actividades periódicas son as viaxes por EEUU e o resto do mundo visitando faros e aprendendo dos retos que teñen nos distintos lugares, ofrecendo axuda e coñecemento sobre conservación ás entidades e persoas encargadas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir