Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A alcaldesa anuncia cambios no entorno do Faro Fisterra para o vindeiro verán

Áurea Domínguez foi a protagonista do primeiro "Pleno Aberto" da temporada

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Pleno Aberto con Aurea Domínguez (20/09/2023)

00:00:0040:09
Descargar

Fisterra

A alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez, pasou hoxe polos micrófonos de Radio Nordés para facer análise da situación actual da Vila do Cristo. Na sección "Pleno Aberto", alcaldes da bisbarra respostan a preguntas tanto da redacción de Radio Nordés como de veciños e grupos políticos.

Turismo

A rexedora botou vista atrás para facer balance dun verán no que Fisterra foi un dos puntos máis concurridos. Unha acumulación de visitantes que provoca tensión á hora de atender a servizos básicos. É o caso da recollida de lixo, cuestión na que, pese ao reforzo estival, acabaron sufrido o desgaste dun camión que semella ter esgotada a súa vida útil. Durante o verán botaron d emenos contratar auxiliares de policía local, necesarios para xestionar o masificado tráfico da vila ou axudar na ordenación do entrono do faro, tarefa na que a alcaldesa agradeceu a aportación da agrupación local de Protección Civil.

Precisamente sobre o Faro tamén falou Áurea Domínguez, adiantando a súa intención de conseguir algún retorno das incontables visitas a este espazo. Restrinxir o acceso ou cobrar por estacionar son algunhas das alternativas que baralla para un lugar emblemático que podería ser uha fonte de ingresos para financiar a súa conservación.

Como factura o verán hai que engadir as denuncias que se teñen cursado contra Vivendas Turísticas que estaban fóra da normativa fisterrá sobre as mesmas. Unha normativa que podería ser revisada xa que, segundo a alcaldesa, dá lugar a situacións de agravio con relas diferentes en espazos similares.

Mancomunar Servizos

A alcaldesa fisterrá amosou a súa disposición a abrir o debate sobre mancomunar servizos como o de guindastre. Para Áurea Domínguez é necesario poder ter a capacidade de retirar vehículos que entorpecen o tráfico, unha ameaza que actuaría de elemento disuasorio cos que agora interpretan as normas de tráfico ao seu xeito ara estacionar en calquer parte. Outro dos servizos que se poderían aforntar en común son de roza de espazos rurais. "Poderíanse adquirir unhas máquinas que traballasen todo o ano limpando cuentas de todos os concellos" explicou.

Autobuses

Áurea Domínguez denunciou o estado de abandono que sufre o transporte colectivo na súa vila. Dende o comenzo do curso escolar son varias as ocasións nas que os estudantes de Fisterra quedan en terra por falta de espazo. O propio concello ten sufragado taxis para facilitar o transporte ata os centros educativos de Cee.

Ademáis, a alcaldesa amosou o seu desexo de poder dotar á vila dun espazo para unha estación de autobuses, un desexo que está lonxe de ser realidade. A día de hoxe non está prevista a súa construción e tampouco hai un espazo destinado a tal fin. O que sí afrontará o goberno é a desaparición da glorieta do emigrante para facilitar a manobrabilidade dos vehículos. A estatua será trasladada a outro emprazamento e a rotonda será suprimida.

Urbanismo

Os problemas urbanísticos en Fisterra siguen formando parte da vida diaria. A alcaldesa recoñeceu a existencia de sentencias firmes de derrubo para edificacións que están fóra da lei. Na maior parte son derrubos parciais para adaptarse á normativa. O deseo da rexedora é evitar solucións drásticas para evitar o dano que sufrirían os propietarios de inmobles onde xa non queda rastro das empresas de construción.

Centro de Saúde

A necesidade dun novo recinto sanitario é palpable na Vila do Cristo. Áurea Domínguez aposta por manter o Centro de Saúde na actual ubicación pero mellorando a súa accesibilidade.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir