Hoy por Hoy Baixo Miño
Ocio y cultura

O Mumi comeza cun triple concerto en Tui

A actuación inaugural reunirá sobre o escenario a máis de 30 artistas de Galicia, Portugal e Brasil

Entrevista a Paula Romero, compoñente do Coro Encaixe

Tui

Tui e Valença prepáranse para acoller dende este xoves xoves, a programación da 4ª edición do Encontro de Músicas Profesionais Galiza-Portugal. Este evento ten como obxetivo reunir as mellores propostas musicais de ambos territorios para mostralas antes as principais entidades e empresas programadoras e tamén co propósito dalas a coñecer aos públicos galego e portugués, que en moitos casos apenas coñecen ás músicas que se fan no país veciño.

A programación do MUMI comezará nas rúas de Tui, onde a partir das 19:30 horas a música de Habelas Hainas sairá ao encontro da xente cun pasarrúas festivo onde se cruzan os camiños de catro mulleres que beben das músicas de raíz galegas. Unha hora máis tarde (20:30 h.) será a quenda do Concerto Especial de Apertura no Teatro Municipal de Tui que vai rendir homenaxe ás músicas de raíz seguindo o fío da lusofonía a unha e outra beira do Atlántico. Desde Brasil, Destino do Clã reúne aos músicos Nanan, Gustavito e Luizga, imbuídos da inluencia das culturas indíxenas e a ancestralidade suramericana. Dende Portugal, O Gajo presenta o encontró de João Morades coa Viola Campaniça, un instrumento de raíz tradicional portuguesa co que explora novos territorios sonoros e ao que se une o Grupo As Sanfonas da Ponte Vella.

E dende Galicia, Encaixe completará a proposta artística do concerto de apertura achegando as voces de 16 cantantes profesionais que prooñen un novo concepto de coro, recoñecido co Premio Martín Códax da Música 2018 a mellor proxecto de música vocal, e desde onde fan unha aposta forte pola música galega contemporánea, con versións vocais de grupos como Marful, Narf ou Malandrómeda, e tamén pola música lusófona, con versións do Zeca Afonso ou Djavan, entre outros. Tres propostas artísticas que reunirán enriba do escenario a máis de 30 persoas ensamblando as súas propostas musicais para ofrecer ao público un espectáculo ao vivo irrepetible que supón toda unha declaración de intencións do traballo que pretende desenvolver a feira. O acceso a este concerto será libre ata completar aforo.

14 propostas artísticas

Despois dun proceso de selección entre 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases, o MUMI seleccionou 14 nomes de Galicia e Portugal para amosar ao público, profesional e tamén xeral, o interesante abano de músicas que conviven na escena actual. Pola banda galega presentarán directos Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes; mentres Portugal achegará as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta. As actuacións serán en diferentes lugares de Tui e Valença