Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As pinturas do dolmen de Pedra Cuberta están en bo estado

Finalizou a campaña de escavación arqueolóxica do dolmen vimiancés cunha visita guiada e a presentación dos resultados no Auditorio da Casa da Cultura

Pinturas no dolmen de Pedra Cuberta, Vimianzo

Pinturas no dolmen de Pedra Cuberta, Vimianzo

Pinturas no dolmen de Pedra Cuberta, Vimianzo

Costa da Morte

Finalizada a campaña de excavación no dolmen de Pedra Cuberta concluíndo que as pinturas do interior se atopan en bo estado. Os traballos consistiron nunha sondaxe no exterior da cámara para verificar a existencia ou non de coiraza e o estado do túmulo e a escavación dos depósitos máis recentes no interior do corredor e da cámara para acadar o nivel observado por George Leisner en 1933, deixando así á vista todas as pinturas.

Identificáronse un total de 26 depósitos diferentes que contiñan materiais, tanto recentes como prehistóricos, especialmente dúas puntas de frecha, así como hematites, é dicir, óxidos de ferro que empregaron para as pinturas da cámara e do corredor.

A modo de conclusión, pódese dicir que a técnica pictórica é moi boa, pola resistencia observada tras todos os anos de exposición ós fenómenos atmosféricos; que moitas delas se cubriron de liques e algas, ocultándose e agredindo a pintura; que os restos de pintura conservada coinciden en xeral co rexistrado por Leisner; que siguen existindo as cores vermellas e negras, sobre un revoco branco e que se estudarán as diferentes fases de aplicación da pintura para coñecer con máis detalle o seu contexto.

Isto servirá, principalmente, para determinar outros datos técnicos e cronolóxicos, así como saber as mellores condición de conservación de cara o futuro.

No acto de clausura estiveron presentes a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Pazos; a concelleira de Benestar Social, María José Pose e o deputado provincial de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas.

Posteriormente, ás 19:00 horas, a Sala de Vídeo da Casa da Cultura acolleu unha conferencia para que o público asistente á visita guiada das 17:30 horas puidese coñecer a valoración técnica do atopado durante os traballos. Estivo drixida polo arqueólogo Fernando Carreira.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a presencia de todos e todas as presentes, “por acompañarnos hoxe aquí e por amosar o interés por unha das nosas xoias. Hoxe estamos aquí para contemplar algo único e quero agradecer tanto á Xunta de Galicia, á Universidade de Santiago de Compostela e á Deputación da Coruña pola súa implicación, tamén ó equipo de traballo polas tarefas realizadas, así como a Mariví e Víctor, traballadores municipais”. A rexedora quixo sinalar tamén que unha rapaza do equipo arqueolóxico, Eva, era de Pasarela, a mesma parroquia de Rodríguez. “Coñezo a esta rapaza desde que era pequena e acabo de enterarme que integraba o equipo de escavación, o que é un auténtico orgullo”.

Pola súa banda, o deputado provincial, Xosé Lois Penas, afirmou que “é unha auténtica marabilla ver hoxe aquí nenas e nenos tan pequenos; temos a obriga de crear conciencia non só para poñer en valor todos os tesouros que temos da provincia, que son moitos, senón de conservalos”, afirmou.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir