Economía y negocios

A Xunta cualifica de “boa noticia” a venda de XEAL mentres para a CIG trátase dunha “operación especulativa”

A Checa Energo-Pro fíxose co 100% da propiedade das centrais hidroeléctricas e as fábricas de ferroalixes en Cee e Dumbría

XEAL / XEAL

Costa da Morte

Alfonso Rueda manifestou que a venda de XEAL a Energo-Pro, empresa checa especializada en xeración de enerxía hidroeléctrica, é unha “boa noticia” ao tratarse dunha “empresa sólida, solvente e que coñece o negocio. Neste sentido o presidente congratulouse de que unha “firma potente” entenda que “vir investir a Galicia é unha boa decisión”.

Para a CIG, sindicato maioritario no comité de emptresa, esta venda de “puramente Especulativa” tendo en conta que hai un elemento novidoso respecto ao 2019. O acordo inclúe a empresa “Feroe Ventures & Investmets” que non está suxeita ás cláusulas concesionais da explotación do Xallas e a través da que se pretende construír a central de bombeo da Ruña.

O sindicato denuncia que esta venda ao grupo checo Enrgo-Pro prodúcese sen que os anteriores propietarios presentaran un plan de viabilidade, tal e como ordenou o TSXG dando cumprimento ao establecido nas cláusulas das concesións e aínda quedan varios procedementos xudiciais abertos. Entre eles, recordan na CIG foi admitida a trámite a denuncia penal derivada do anterior proceso de venda de Ferroglobe a TPG-Itaka e están presentadas alegacións ao proxecto da Ruña e ao de ampliación de caudal do encoro de Sta. Uxía.

A venda sitúase nos 300 millóns de euros polo que o beneficio dende o 2019 que se achega aos 190 millóns. Un beneficio que non tivo repercusión nas fábricas nin na Comarca segundo denuncia a central sindical. A CIG defende que aconteceu todo o contrario, cunha redución de persoal neste tempo de 43 traballadores do plantel da empresa, 80 eventuais e a desaparición total dos empregos da industria auxiliar. Neste intre só hai un forno en marcha e cunha produción mínima.

Segundo a CIG un dos elementos máis preocupantes nesta operación é a inclusión de Feroe Ventures & Investments, xa que a través deste fondo, con sede nun paraíso fiscal, pretenden construír a estación reversible de bombeo da Ruña “esquivando así as condicións concesionais que levan vinculados os dereitos de explotación das centrais hidroeléctricas”.

A Xunta debe pronunciares, aseguran dende o sindicato. Non poden permanecer en silencio ante esta venda, cando non se resolveron aínda os procesos da venda anterior.

A CIG reclama unha reunión a tres bandas, sindicatos, empresa e administracións. Queren abordar as condicións exactas da venda, esixen garantías de viabilidade das fábricas e mantemento dos empregos, acendido dos fornos e cumprimento da última sentenza xudicial. Consideran no sindicato que a ampliación da produción enerxética debe sempre estar suxeita aos termos que marcan as cláusulas concesionais. Isto implica impedir que a estación da Ruña se poida construír cunha sociedade distinta á propietaria das fábricas.

A alcaldesa de Cee Margot Lamela asegura que quere ser prudente ante a chegada dos novos donos pero considera urxente que se actualice a concesión incorporando elementos que garantan o cumprimento da mesma para garantir dun xeito efectivo os postos de traballo e a actividade das fábricas. Pregúntase cando se enterou a xunta desta operación. Este mesma pregunta tamén a ten o alcalde de Dumbría Raúl González. Este espera que os novos propietarios manteñan o compromiso de emprego e investimentos na zona, non considera necesariamente negativo que a nova empresa sexa especialista en centrais hidroeléctricas e confía en que o cambio sexa positivo.

Celsa Atlantic

Hoxe tamén houbo novidades con respecto á situación da larachesa Celsa Atlantic. Os fondos acredores de Celsa veñen de iniciar o proceso para obter a autorización do Goberno do Estado para facerse co capital da empresa comprometéndose a “preservar a españolidade”. Tamén amosaron a súa vontade de manter o plantel de traballadores e a capacidade produtiva.

A empresa explicou ao Goberno do Estado a necesidade de asegurar, con compromisos firmes e vinculantes, o mantemento da viabilidade da empresa a longo prazo así como a protección do emprego e a capacidade produtiva, polo carácter estratéxico, da fabrica da Laracha.

Os fondos aseguraron estar dispostos a traballar con tódolos implicados para garantir o cumprimento dos obxectivos comunicados e que están poñendo en marcha parte dos compromisos adquiridos co goberno.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00