O PSOE denuncia o pago con cartos públicos da xestión da páxina de Facebook do alcalde na que publica actos de partido
Eduardo Parga asegura que se fixeron só catro publicacións do PP por error, durante a campaña
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/BKDTRJ6DRZHKDJDNZDMR2PBY2Q.jpg)
Eduardo Parga / concelo de Malpica
Costa da Morte
Os socialistas de Malpica fixeron públicas as cantidades que o concello paga pola comunicación institucional. Segundo publica o PSOE hai dúas empresas contratadas para a comunicación da actividade municipal, unha delas lévase uns 1100€ mesuais por enviar notas de prensa aos medios e xestionar as redes sociais do concello. A outra encárgase de programar as pantallas led e de xestionar a páxina de Facebook da alcaldía, unha páxina onde pode seguirse a actividade de Eduardo Parga, por esa actividade o concello paga uns 726€ mesuais. Segundo o voceiro socialista Walter Pardo, as publicacións son escasas saíndo a máis de 100€ cada unha. A indignación nas filas socialistas é máxima logo de comprobar que a páxina desta coñecida rede social utilizouse en varias ocasión para publicar contido relacionado co Partido Popular durante a campaña publicando mitins e actos de partido.
O Alcalde Eduardo Parga recoñece o pago a unha empresa pola xestión do facebook da alcaldía e as pantallas led municipais. Nega que se utilizce esa conta na rede social para facer publicidade ao Partido Popular, pero recoñece, iso si, que se compartiron 4 publicacións de actos do partido durante a campaña, pero asegura que se tratou dun erro puntual e que esas publicacións terían que terse feito na outra páxina persoal que ten en Facebook e non na da alcaldía.