Dúas persoas feridas no incendio dunha vivenda en Cee
O lume iniciouse pouco antes das tres da tarde nunha vivenda no baixo dun edificio
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/ZFFNOXIFW5DYVFPGQJVREWTFXI.jpg)
Costa da Morte
Pouco antes das tres da tarde o 112 recibía o aviso dun lume nunha vivenda na zona da Armada en Cee.
Ao parecer o incendio iniciouse ao prender o lume dunha candea nunha cama e rápidamente se propagou por toda a vivenda situada no baixo dun edificio, o fume afectou tamén de xeito considerable aos pisos superiores.
A consecuencia da inhalación de fume dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital Virxe da Xunqueira, trátase dun home duns 67 anos, o residente no piso incendiado, e a súa irmá de 64 que vive no piso de enriba. O prognostico inicial non é grave en ningún dos casos, pero permanecen en observación.
Ao o lugar do incendio, que quedou sufocado ao redor das catro da tarde, acudiron os bombeiros do parque de Cee, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e servizos sanitarios do 061.