As bibliotecas celebran o seu día reivindicándose como espazo de encontro
O 31 de outubro finaliza o contrato das bibliotecas externalizadas

Día de las bibliotecas, con Isabel Blanco, directora de las Bibliotecas municipales de A Coruña
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
Hoxe é o Día Internacional das Bibliotecas. A rede de bibliotecas municipais suman actualmente 115.900 socios, son un milleiro máis que en 2019. O 31 de outubro finaliza o contrato das bibliotecas externalizadas. As súas traballadoras están moi pendienten do seu futuro dada a súa situación precaria, segundo denunciaron en distintas mobilizacións.
Fai unha trintena de anos que se abriu a primeira biblioteca municipal na Coruña e a día de hoxe os talleres de lectura teñen as súas prazas esgotadas. Os socios supoñen actualmente o 46% da poboación, da que unha parte reside nos municipios da área metropolitana. Isabel Blanco, directora da rede municipal, subliña a importancia destes espazos como lugar de encontro.
O BNG advirte de que a falta do novo contrato das bibliotecas externalizadas engade incerteza para unhas traballadoras que levan tempo reivindicando melloras salariais e laborais.
Reclama avances no estudo de unificación das bibliotecas para ter unha rede única e xestión directa por parte do Concello. Rexistrou unha pregunta oral para que se aborde este asunto no próximo pleno do 9 de novembro.
Con motivo do Día das Bibliotecas, a Real Academia Galega fai un repaso na súa páxina web da historia da colección de libros do seu primeiro presidente, Manuel Murguía. Este ano conmemórase o centenario da súa morte. A RAG conserva uns 2.000 volumes de libros dos que chegou a custodiar en vida o propio Murguía.
A Biblioteca provincial, dependente da Deputación, roza os 16.000 carnés de socios e a Miguel González Garcés, da administración central, conta con case 45.500.




