La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Comercio local

O concello de Nigrán lanza unha campaña para fomentar o comercio local neste Nadal

Os comerciantes que desexen sumarse deben inscribirse ata o 20 de novembro nun formulario web en www.nigran.es

O Concello de Nigrán busca protagonistas para a vindeira campaña de Nadal de promoción do comercio local que realiza cada ano xunto a asociación de empresarios Ovalmi. Con este fin, os negocios interesados (sexan ou non socios de Ovalmi) dispoñen ata o 20 de novembro para inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es ou directamente en https://forms.gle/a3SwXX4dJzT57Twc9 .

O obxectivo é darlle continuidade ao lema '#VivoEnNigránComproEnNigrán' e #EuSonDeMercarEnNigrán empregando novamente os rostros de coñecidos comerciantes da localidade como reclamo. En caso de superarse o máximo de 25 participantes inscritos terán prioridade os que nunca participaron neste tipo de campañas.

“A campaña de Nadal de promoción do comercio local é xa unha tradición do Concello de Nigrán porque funciona moi ben nunhas datas de moitas compras. Serve tamén para conciencienciar á cidadanía da responsabilidade individual de cada un de nos á hora de consumir e dá continuidade ao noso traballo ao respecto”, defende o alcalde, Juan González, quen considera que “o mellor reclamo é porlle rostro aos nosos comerciantes”, polo que o Concello sigue apostando por este tipo de campaña personalista.

A iniciativa municipal comprende diferentes aspectos que se irán anunciando conforme se achegue a data, pero volverá a incluir vallas, cartalería, difusión en redes… “Agora estamos na fase de encontrar comerciantes dispostos a posar para poder levala adiante, nos gustaría que, a través deles, unha vez máis, todos se sintan representados”, finaliza González, quen agradece a colaboración de Ovalmi.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00