“Estou morrendo día a día, non sei como sacar á miña familia de alí”
A familia palestina residente en Laxe teme que Israel continúe a guerra en Cisjordania logo de facerse co control de Gaza
Entrevista a Maha Azmi (15/11/2023)
19:41
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1700062556547/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Laxe
Maha Dandis Azmin é palestina, vive en Laxe dende hai tres anos, quedou nesta localidade da Costa da Morte debido á pandemia e agora, ela e a súa familia, son uns veciños máis do pobo.
Maha naceu en Hebrón e veu a España para rematar os seus estudos universitarios de Matemáticas logrando o doutorado na Universidade de Granada. Segue tódolos días as noticias da guerra pola prense e directamente polo que lle contan dende Cisjordania os seus familiares e amigos. Séntese incapaz de entender como un estado pode matar a nenos en hospitais mentres a comunicade internacional mira cara outro lado.
Está convencida de que Israel seguirá cos seus ataques en Cisjordania unha vez que acaben con Gaza “Non teño Esperanza, quen fai todo isto, se ninguén lle di que está mal, vai seguir.”
A vida en Palestina leva sendo moi dura moitas décadas “eles controlan todo, se podes ir ao traballo, a electricidade, a auga”. Conta Maha a impunidade coa que actúan os xudeus en territorio palestino “Os soldados poden entrar na túa casa en calquera momento, levar ao teu pai, aos teus irmáns con calquera escusa”, “non temos liberdade, a situación é insoportable provocando na poboación unha taxa altísima de depresión e outras enfermidades mentais”.
A situación na que levan décadas vivindo os palestinos, tanto en Gaza como en Cisjordania, é de total represión e falta de liberdade. Para viaxar dentro do territorio palestino deben pasar continuos controis militares israelís, “Para ir á universidade pasamos controis cada media hora, temos que ir por camiños máis longos que os que utilizan os xudeus e dependemos do que digan os soldados, o camiño pode levarnos case todo o día par un par de horas de clase”.
A Maha e o seu home Mohamed Khaled gustaríalles volver algún día a Palestina, pero neste momento están máis centrados en poder sacar de alí á familia, aínda que non resulta doado.
Dende a distancia sofren, sobre todo, por como a guerra está afectando aos nenos palestinos, moitos morren a consecuencia dos ataques de Israel, outros sofren graves lesións que deben curar nuns hospitais sen recursos, en condicións inhumanas e, moitas veces, sen o apoio dos familiares que tamén morreron a consecuencia das bombas israelís.