Directo

CASO KOLDO Última hora de Ábalos, en directo: reacciones al 'caso Koldo' y su desafío al PSOE

Política

O paro descende na bisbarra grazas ao tirón de Bergantiños

O desemprego sube lixeiramente nas zonas de Soneira e Fisterra

A Costa da Morte pechou novembro con 112 parados menos

Costa da Morte

A Costa da Morte pecha o mes de novembro cun descenso do paro de 112 persoas. O bo dato chega grazas á aportación do concellos de Bergantiños, onde a cifra de desempregados chega ás 132 persoas. O paro sube tanto en Fisterra, con seis novos parados, como nas Terras de Soneira, con nove persoas máis rexistradaas nas oficinas do paro.

Carballo e A Laracha figuran a cabeza deste descenso con 67 e 32 parados menos respectivamente. No resto de municipios de Bergantiños tamén se nota a tendencia á baixa con Malpica deixando bos rexistros (17 desempregados menos), Laxe (7), Cabana (6) e Coristanco (4). Ponteceso é o único concello no que sube o paro, en concreto nunha persoa.

Nas Terras de Soneira novembro deixou 9 parados máis: 9 en Vimianzo e 2 en Camariñas, escapando desa tendencias Zas onde hai dous parados menos.

A comarca de Fisterra ten seis parados máis repecto ao mes anterior. Cee e Corcubión baixan os seus rexistros con 7 e 3 desempregados menos respectivamente. Dumbría e Fisterra suben en 6 e Muxía aumenta en 4.

O panorama da bisbarra complétano Mazaricos con 3 novos parados e Carnota con 2.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00