Política
A Coruña

Santiago Roura, subsecretario de Educación: "Inés Rey ten moitas mans dereitas e sobre todo moita man esquerda"

El gallego ha sido nombrado subsecretario de Educación Formación profesional y Deportes

Santiago Roura, nuevo subsecretario de Educación, Fp y Deportes del Gobierno de España

Santiago Roura, nuevo subsecretario de Educación, Fp y Deportes del Gobierno de España

14:48

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1703064142152/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O Consello de Ministros aprobou este martes o nomeamento de Santiago Antonio Roura Gómez (A Coruña, 1970) como subsecretario de Educación, Formación Profesional e Deportes. É profesor titular de Dereito Constitucional (en servizos especiais) e con anterioridade desempeñou os cargos de coordinador xeneral municipal do Concello da Coruña (2019-2022) e de director xeral de Xustiza e de secretario xeral da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (2005-2009), e desde onte é o novo subsecretario de Educación, Formación Profesional e Deportes. Falamos con el en Hoy por Hoy A Coruña, onde foi partícipe durante moitos venres da Tertulia política con Mayte González.

  • Cómo está sendo o cambio?

É un cambio tranquilo pero con certo vertixe, dentro da mesma casa que me acolleu en 2022, o Ministerio de Educación, pero é unha responsabilidade aínda maior, con certa rodaxe previa porque na secretaría xa traballaba ás ordes do subsecretario, pero agora con maior responsabilidade.

  • Inés Rey declaraba estar profundamente orgullosa...

Inés Rey é o mellor que lle ten pasado á Coruña en moito tempo, políticamente e como persoa. Como a primeira alcaldesa da cidade, tenlle imprimido un selo moi particular que é a derivación da súa personalidade. Fun o seu profesor, non me atrevo a decir que fun o seu mestre. Coñézoa dende hai moitísimos anos, fun o seu coordinador xeral e traballei a carón dela co mesmo orgullo do que presumo sempre, pero antes de nada eu son amigo de Inés, e na miña traxectoria política dende que hai moito tempo, iniciamos unha viaxe cara a súa designación primeiro como candidata a alcaldía e despois xa na responsabilidade no concello. Síntome moi orgulloso de ser unha das persoas que traballa a carón de Inés. Dicían que eu era a man dereita de Inés, e eu decía que a alcaldesa ten moitas mans dereitas e sobre todo moita man esquerda, e A Coruña xa se ten beneficiado desa man esquerda, de ese saber facer. A Coruña revalidouna coma a alcaldesa e A Coruña beneficiase dunha persoa dunha talla política e persoal inmensa.

  • Qué bota de menos da política local?

Sempre decimos que a política local é a mais fermosa de todas, ademáis de ser unha escola maravillosa, porque é a que nos achega máis aos problemas reais da xente, da cidadanía. Aquí un intenta levar esa idea da implicación nos problemas alleos. Manuel Azaña dicía que a política é sobre todo facer cousas, alí donde nos levan as ideas. Como di por outra banda o carnet do PSOE, no que con orgullo milito, a nosa obriga é levar as nosas ideas a todas partes como dicía o noso fundador Pablo Iglesias. Xa sexa na política local, autonómica ou na administración general del estado, intentamos levar as nosas ideas coas nosas capacidades, con toda a dedicación posible a todas partes. Iso é o que intento seguir facendo.

  • Cales son as tareas dun subsecretario de Educación, Formación Profesional e Deportes?

A subsecretaría é a sala de máquinas de calquera ministerio, cando calquera política ten que levarse a cabo, toda a andamiaxe, toda a armazón xurídica e técnica faise dende os servizos da subsecretería. É unha parte menos visible con unha grandísima carga técnica e debe funcionar ben para que todas as políticas que desenvolve o ministerio, de Pilar Alegría neste caso, poidan chegar a bo porto.

  • Cal é o camiño da Formación Profesional?

O plano estratéxico de FP complementado cos orzamentos propios do ministerio pero tamén do mecanismo de recuperación e resiliencia tenlle dado unha volta completa a uns estudos que son terriblemente demandados, e traducíuse en primeiro lugar no cambio do marco lexislativo, e do Real Decreto que a desenvolve, e dun compromiso financiero enorme de centenares de millóns de euros que se distribue entre as comunidades autónomas que están obrigadas con eses cartos a desenvolver as políticas concretas. A Formación Profesional é un caso clarísimo de éxito do goberno de Pedro Sánchez, recoñecido por todos os axentes sociais, facía falta unha formación de calidade e eso é no que centramos as forzas xunto coas comunidades autónomas que son as que teñen as competencias.

  • No que ten que ver coa educación e os deportes, dónde está o foco do ministerio?

Como xa dixo a ministra e o presidente, hai que desenvolver as políticas educativas, en materia lexislativa a lexislatura pasada foi a máis importante e de cara ás acción deportivas, o novo presidente do Consejo Superior de Deportes , Miguel Rodríguez Uribes, xa decía que do que se trata e de continuar adiante unhas políticas moi centradas de ver o deporte non só dende o punto de vista competitivo senón tamén da saúde e dos beneficios que a practica deportiva ten para a poboación en xeral, a partir de ahí hai grandes retos para o futuro, o 2024 é ano olímpico, e iso ha de percibirse na acción do CSD.

  • Bota en falta a súa participación na tertulia desta casa?

Moitísimo! Non só eu senon tamén Valentín, Carlos, Henrique e Guillermo, o certo é que algún de nos vémonos pola cidade, pero botamos de menos a tertulia, a post tertulia e sobre todo a toda a boa xente de Radio Coruña, que tanto queremos os coruñeses e as coruñesas, e que os que tivemos o privilexio de ter colntacto con vós, facer radio con vós, facemos moito de menos a nosa presencia venres tras venres en radio Coruña e quero mandarvos un bico moi forte e unha aperta entrañable.

  • Cales son as súas sensacións do ambiente que se vive entre o goberno e a oposición?

O presidente do goberno fai o que debe facer, que é gobernar para cambiar a mellor a vida da xente, o que vexo é unha oposición completamente centrada en asuntos absolutamente inconcretos, sin unha sola proposta das cousas importantes, onde consello de ministros tras consello de ministros, o gobernó fai cambios a mellor, nas pensión, nos salarios, nas becas, na cobertura para as persoas que mais o necesitan, a vida da xente, mellorar a vida da xente

Todas esas bravuconadas, e certas cousas moi importantes, como substituir a política de facer cousas e discutir o que se de facer, por un ambiente de amigo e enemigo que é incompatible coa democracia, eu teño fama de ser unha persoa moi institucional e fago moito de menos que un partido como o pp teña entrado nunha deriva atolondrada seguramente porque esa proximidade coa extrema dereita estao afastan do dunha dereita moderna e europea

Falando exclusivamente de política, Feijóo é o responsable desa deriva, supostamente o moderado do PP debería dedicarse a facer política a facer propostas, algo máis que enconamiento á ciudadanía. Se non o fai o resultado é o que xa obtivo o 23 de xullo, que a cidadanía non vai a querer que goberne.

Trayectoria académica

En el ámbito académico, es autor de trabajos en diversos campos de su disciplina. Ha impartido cursos y conferencias y participado en actividades de formación en universidades y centros de formación de distintos países. Fue coordinador del Grupo de Investigación D3_Democracia y Derechos en el Entorno Digital y, durante 6 años, director del Departamento de Derecho Público da UDC.

En el marco de la universidad, fue responsable, tanto de rama de conocimiento como de coordinación, de los procesos de verificación, modificación y renovación da acreditación de títulos universitarios de Grado y Postgrado en la Dirección de Evaluación y Acreditación da Agencia Andaluza del Conocimiento. Es miembro de la Asociación de Constitucionalistas de España, principal entidad que agrupa a los académicos del Derecho Constitucional en nuestro país.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00