La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Actualidad

Redondela celebra o día das Bibliotecas con premios aos máis lectores

Argentina Rodríguez, foi a gañadora do sorteo do “Reto lector 2023"

Argentina Rodríguez, gañadora do sorteo do “Reto lector 2023′ xunto a resonsables da biblioteca.

Argentina Rodríguez, gañadora do sorteo do “Reto lector 2023′ xunto a resonsables da biblioteca.

Vigo

As Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela fixeron entrega do seu premio a Argentina Rodríguez, gañadora do sorteo do “Reto lector 2023′′. O Reto Lector 2023 foi unha iniciativa de fomento da lectura para o público adulto, posta en marcha polas Bibliotecas Municipais de Redondela a proposta da Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela. Consistía na lectura de 12 libros ao longo de 2023, que debían axustarse a unha serie de características indicadas previamente nun calendario de lectura. Un desafío a modo de xogo no que o aliciente era enfrontarse a lecturas en diferentes xéneros, formatos e estilos.

O sorteo realizouse entre aqueles participantes do Reto que foron quen de completar as 12 lecturas dese calendario: un total de 17 persoas de entre as 37 que participaron. O premio, como non podía ser doutro xeito, foi un grande e variado lote de libros.

Ademáis, todos/as os/as que remataron o reto recibirán un agasallo. Co sorteo e a entrega do premio as Bibliotecas Municipais de Redondela únense á conmemoración do Día do Usuario/a das Bibliotecas, data destacada no Calendario do Libro e a Lectura de Galicia como o 11 de xaneiro. As bibliotecas renden así homenaxe aos usuarios e usuarias “por seren eles unha parte fundamental e imprescindible do seu servizo”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00