18F Elecciones Galicia Elecciones Galicia

Resultados Pactos
Política

Olalla Rodil: "Alcoa é o futuro da transición ecolóxica e da alúmina no país"

A cabeza de lista pola provincia de Lugo do BNG mantén a intervención pública da fábrica como solución

Olalla Rodil: "Alcoa é o futuro da transición ecolóxica e  da alúmina no país"

Olalla Rodil: "Alcoa é o futuro da transición ecolóxica e da alúmina no país"

09:53

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1706189717383/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

O BNG ve nestes comicios a súa mellor oportunidade para facerse co goberno galego. Así o recoñeceu a cabeza de lista pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, nos micrófonos desta casa. Sinte ganas de "cambio" entre a poboación galega e manteñen como baza o ter "as máns libres do que se dicte nas sedes de Madrid".

Para os nacionalistas, o escenario que se dislumbre tralos comicios do vindeiro 18 de febreiro só terá dúas lecturas: "Unha Galicia que sega en máns do PP, que nos deixa, tras 15 anos, un país máis pequeno, con menos servizos públicos e con menos pulso industrial ou avogar por un futuro diferente, coa primeira muller presidenta da Xunta coas máns libres que poña en marcha un proxecto de país que vaia a máis", sentenciou.

A sanidade, as conexións e a industria marcarán a axenda da campaña electoral que xa comezou, agochada tralo prefixo de 'pre'. Para Rodil un dos compromisos coa cidadanía pasa por recuperar "15 anos de recortes en servizos tan básicos coma os da saúde".

O BNG propón unha sanidade ao servizo das persoas, un eslogan que capta rápido a atención do votante e que defende coa promesa de "investir 200 millóns de euros que recuperen, entre outras, a calidade da atención primaria".

Chave no goberno central

Contar coa presenza de Néstor Rego no hemicilo da ao BNG "forza para negociar melloras para Lugo e Galicia co Goberno Central". A situación de Alcoa pon sobre a mesa varias ideas enfrontadas para acadar un mesmo obxectivo: a continuidade da factoria. O PSOdG-PSOE mantense na posición de esixir á factoria que cumpra o firmado, pero non pecha a porta a unha posible interveción pública. Os nacionalistas observan na nacionalización da empresa a única solución tras coñecer a postura da multinacional.

"Alcoa minte", responde taxantemente a lucense. "Unha vez máis minte porque imputa como gastos os investimentos. Vendo a postura da empresa, defendemos a intervención pública porque é rentable a produción de alúmina no noso país", sentencia Rodil. O futuro, di a nacionalista, ven marcado polo reto da trasición ecolóxica e "a alúmina é recicable, por así decilo".

Recorda que na actualidade só hai abertas dúas plantas de alúmina en Europa: unha en Francia e outra en Cervo, Alcoa. Un motivo de "peso" que xustifica, para o BNG, "a intervención pública que salve unha industria fundamental no progreso do país".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00