Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“Oitenta e un anos e un lapis na man”: A exposición sobre a vida e a obra de Siro López

Unha exposición na Coruña repasa os 81 anos de vida e obra do debuxante Siro López

A Coruña

“Oitenta e un anos e un lapis na man” é a exposición que, desde o Kiosco Alfonso da Coruña, repasa a vida e obra do debuxante Siro López.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, inaugurou este martes a mostra xunto ao autor, que xa expuxera a súa obra neste mesmo espazo no ano 1989.

A exposición está dividida en 13 apartados, segundo as diferentes técnicas ou influencias que marcaron a traxectoria artística de Siro López, polo que o público poderá ver autorretratos, obras de fantasía, paisaxes, bodegóns, caricaturas e creacións de humor gráfico.

López explicou que a mostra vai máis alá da caricatura política, xa que quixo encher as paredes con «retratos, paisaxes ou espidos», sempre dentro da súa constante procura dun estilo persoal.

Inclúense espidos e retratos de autores como Eduardo Blanco Amor, Picasso ou Ramón Piñeiro, así como dúas réplicas en bronce das esculturas de Castelao e Cunqueiro que se atopan na Praza do Humor.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir