Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Real Academia Galega lanza unha web dedicada a Marcial de Adalid, pioneiro en incorporar o galego na música

Na web marcialdeladalid.academia.gal pódense descargar todas as súas partituras orixinais, uns documentos que ata agora eran moi difíciles de conseguir para os músicos actuais

A Coruña

A Real Academia Galega vén de lanzar unha web dedicada ao coruñés Marcial de Adalid, pioneiro en incorporar o idioma galego na música académica no século XIX. Na web marcialdeladalid.academia.gal pódense descargar todas as súas partituras orixinais, uns documentos que ata o de agora eran moi difíciles de conseguir para os músicos actuais.

Fernando López-Acuña, académico da RAG e coordinador da web, explica que esta está dirixida tanto a profesionais da música como a persoas sen coñecementos musicais que desexen coñecer a figura e a obra de Marcial de Adalid.

Na web inclúese tamén unha biografía detallada do compositor, elaborada por Laura Touriñán Morandeira, musicóloga e estudosa da súa figura, así como gravacións sonoras e vídeos das súas pezas, fotografías del e todas as súas obras dixitalizadas. Tamén lanzaron un libro que recolle parte dese traballo.

A RAG recibiu a biblioteca musical e o arquivo de Marcial de Adalid en 1928, grazas a unha doazón da súa filla María. Aínda non está publicado todo o material do que dispoñen na web, pero nas vindeiras semanas quedará completo, tamén con achegas doutras entidades.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir