Hoy por Hoy SantiagoHoy por Hoy Santiago
Sociedad

Santiago recoñece trece mulleres chave no seu tecido social e cultural polo 8M

A cineasta Jaione Camborda, a escritora Yolanda Castaño e maila auxiliar de fotografía Julia López son algunhas das homenaxeadas

Nanina Santos: "Chamóusenos asasinas por pedir anticonceptivos para non abortar e aborto libre para non morrer"

Nanina Santos: "Chamóusenos asasinas por pedir anticonceptivos para non abortar e aborto libre para non morrer"

22:02

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1709838595529/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O concello compostelán dá continuidade neste 2024 á tradicional homenaxe a oito persoeiros femininos nados ou radicados en Santiago polo Día da Muller. A corporación municipal escolleu grandes nomes da cultura e da ciencia galega xunto con perfís senlleiros da vida cotiá da capital.

As homenaxeadas son a cineasta Jaione Camborda, o grupo de música tradicional Leilía e maila escritora Yolanda Castaño no eido cultural; a directora da Axencia Española de Medicamentos, María Jesús Lamas, e a profesora do IES Rosalía de Castro, xa xubilada, Maribel Martín, pola parte científica e educativa; así como a referente do movemento feminista, Nanina Santos, en canto á loita social. Amais, no referente ó comercio local, recoñeceuse tamén a figura de María Pereira, histórica comerciante de Dosel, na zona vella, recentemente retirada; e maila de Julia López, a veterá auxiliar de fotografía que continúa a diario, con máis de noventa anos, á fronte do seu estudo, Foto Sandine, no mesmo barrio.

Tres destas mulleres, Maribel Martín, María Pereira e Nanina Santos, conversaron esta mañá no Hoy por Hoy Santiago con Ainhoa Apestegui. "É un recoñecemento que dá moita satisfacción", sinalaba Martín ó respecto. Na mesma liña, Pereira lembrou o conxunto de comerciantes e artesáns á hora de recibir a homenaxe: "Representas un sector, non es ti, é moito máis amplo", asegurou.

Pola súa banda, Nanina Santos reivindicou o labor da loita feminista ó longo do tempo. Especialmente, Santos falou de como fomos avanzando en dereitos para as mulleres dende que ela comezou a militar: "Hoxe está asumido socialmente moitas das cousas que diciamos pero, daquela, recibimos insultos, chamóusenos de todo", explicou.

O acto, que tivo lugar esta tarde de xoves no Auditorio de Galicia, contou coa condución da escritora Rosa Aneiros e maila actuación musical do dueto de música tradicional Caamaño & Ameixeiras.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00