Sociedad

Manuela Rey, de Mondoñedo a Lisboa para converterse en diva do teatro portugués

É unha gran descoñecida incluso na súa vila natal, sobre a que se investiga para reconstruír a súa biografía

Cartel da obra teatral sobre Manuela Rey coproducida entre varias compañías galegas e portuguesas.

Manuela Rey é na actualidade unha gran descoñecida do teatro e da literatura, a pesar de que con vinte anos chegou a ser a actriz principal do Teatro Nacional de Lisboa e se converteu en toda unha diva para a época. Alí chegou despois de percorrer parte de España e Portugal cunha troupe de teatro itinerante á que se uniu en Mondoñedo, onde naceu en 1846. Agora o Centro Dramático Galego en colaboración coa USC pretende recuperar a súa figura a través dun proxecto que aúna investigación e creación artística.

Manuela Rey, de Mondoñedo a Lisboa para converterse en diva do teatro portugués

07:20

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1710436490707/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Trátase dunha obra teatral, titulada 'Manuela Rey is in da house'. No reparto hay actrices galegas e portuguesas, xa que colaboran na súa produción, ademáis do CDG, o Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa, onde foi un referente, o Teatro Nacional São João e o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana.

Cartel da obra teatral sobre Manuela Rey coproducida entre varias compañías galegas e portuguesas.

Cartel da obra teatral sobre Manuela Rey coproducida entre varias compañías galegas e portuguesas.

Fran Núñez, director do CDG, apunta que "todo o que rodea a vida de Manuela Rey é moi misterioso, e iso é o que resulta fascinante sobre ela". Sábese sobre a súa vida, ademais de que medrou en Mondoñedo, que foi toda unha diva do teatro portugués onde interpretou medio cento de papeis como atriz princial en Lisboa, a pesar de que morreu con tan só 23 anos de tuberculose.

Ata hai pouco a única referencia documentada á súa vida era unha entrada no 'Álbum de Mulleres' do Consello da Cultura Galega e unha pequena biografía antiga, que se puido restaurar, atopada por Antonio Reigosa, cronista de Mondoñedo. Este texto vaise actualizar tras este traballo de documentación que se está levando a cabo para o espectáculo do CDG, e no que participan investigadores da Universidade de Santiago de distintas facultades como a de Filoloxía, a de Historia e a de Medicina.

A outra gran fonte de información, ademais dos contados documentos que se foron atopando neste proceso, é a memoria dos veciños de Mondoñedo que a coñecen aínda como "a actriz da Pradela", o lugar onde estaba a súa casa natal. Hai certa dose de subxectividade nestas informacións porque, explica Núñez, "arredor da figura de Manuela Rey fóronse creando lendas, como que dunha vez volveu acompañado de rei de Portugal e que pasaron a noite alí xuntos". Ao parecer, apunta "a súa vida amorosa foi trepidante porque debía ser unha muller tremendamente atractiva".

Referente como autora teatral

"Pouco a pouco imos compoñendo o crebacabezas do que foi a vida de Manuela Rey, pero aínda nos falta unha moi importante", di o director do CDG. Refírese aos textos que se lle atribúen, porque ademais de actriz foi escritora e está confirmado que polo menos escribiu dúas obras teatrais. Cre que poderíamos estar "ante unha nova referente da literatura galega, ecima no eido teatral no que non hai moitos exemplos de mulleres escritoras, que foi coetánea de Rosalía de Castro e que escribiu entre galego e portugués".

Polo de agora non se sabe se os textos aínda existen e barállase que fosen destruídos ou extraviados. Na súa procura está Paula Ballesteros, arqueóloga colaboradora do CSIC que ademais actúa na obra 'Manuela Rey is in da house' e coordinou a investigación. Explica que con pequenos datos, tras visitar a casa familiar da actriz, falar cos veciños e familiares vivos, e recuperar fotografías ou documentos como a partida de nacemento foron construíndo o relatoda súa vida.

"Recuperamos o percorrido que fixo Manuela Rey a partir das pequenas pegadas que foi deixando", relata. "Debía ser unha muller moi talentosa e moi especial para conseguir chegar onde chegou con vinte anos, e valente porque sendo muller nesa época atreveuse a abandonar a súa vila natal para ser actriz", apunta Ballesteros.

O espectáculo no que participa funciona como "un transmisor de coñecemento da figura de Manuela Rey", asegura, "e non é o remate da investigación, senón que este é un proxecto vivo". Espera que cree interés sobre a súa biografía e confía en que reciban máis aportacións para reconstruír a súa biografía. "Non hay por que pensar que eses textos non están nalgures", sentencia optimista.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00