Sociedad

Adrián Armesto, o gandeiro viral de 'Tik Tok' que tivo que pechar as súas redes sociais

Este veciño de O Incio recoñece estar sobrepasado tras facerse viral, pero celebra que a súa mensaxe cale nun público mozo

Imaxe do video viral na rede de Tiktok sobre as aldeas modelo

O Incio

Adrián Armesto é gandeiro, impulsor do proxecto 'Eco Trascastelo' e dende as últimas horas un novo influencer do rural. Este rapaz de 27 anos foi contactado pola Xunta de Galicia para gravar un video divulgativo sobre as aldeas modelo, un instrumento de recuperación da terra agraria que ten coma obxetivo por en producción, de xeito sostenible, as terras abandoadas de alta capacidade productiva que rodean os núcleos de poboación, o demáis é historia.

Adrián Armesto: "Tiven que pechar as miñas contas nas redes porque se foi das mans"

13:44

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1710858345946/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Aos poucos minutos de compartirse, o clip comezou a rexistrar decenas e decenas de comentarios que máis que a súa labor, louvaban a súa propia persoa. "Instagram de Adrián x favor", "madre mía como te quedan esos pantalones, por cierto un campo muy bonito" ou "Ojo ojo con el mozo 😍🤣 que no dice a qué gimnasio va pero le renta bien 😍🤣" son algunhas das centenas de mensaxes que xa acumula a publicación.

E aínda que o obxectivo do vídeo non era convertir a Adrián nunha estrela do rural, Armesto celebra que milleiros de rapaces novos vexan que o sector primario non é iso que moitas veces se pensa: un lugar afastado da formación e da innovación. "O problema é que non se fala de nós como se debería, estamos na sombra e non axuda", subliña.

Consecuencias da fama

Armesto recoñce estar abrumado ante tal cantidade de reaccións. Non contaba con isto e ata chegou a "bloquear" as súas contas persoais nas redes ante tal cantidade de mensaxes recibidas. "Eran moitísimos, o teléfono non deixaba de sonar e recibín mensaxes acosadoras... así que tiven que cerrar os perfis persoais".

Nin él nin a súa familia contaban que a súa beleza destacase sobre o contido do video. "Rínse, sobretodo por anécdotas como que á miña irmá, que vive en Barcelona, ata lle ensinaron o vídeo alí", relata.

Adrián Armesto é un amante da natureza e do rural. Non o dubidou: emprendería na súa terra. Recoñece que os inicios foron complicados, porén, "cando ves toda a xente moza que está desenvolvendo proxectos diferentes e arriscados decátaste de que non era como pensabas".

Polo de agora todo ese cariño virtual vaise quedar neso, algo intanxible. O corazón de Adrián Armesto está ocupado polas súas vacas cachenas e polo fútbol. Todavía adestra no equipo do Lemos, ainda que é cansado recoñece que é unha vía de escape. Foi cambiando de vestiarios, entre Lemos y Sarriana, e agora, agarda, retirarse cos colores do Lemos cando o decida.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00