Oliveira dos Cen Anos, premio Mestre Mateo 2024
Esta fin de semana tamén se soubo da súa nominación nos Football Business Awards 2024

Oliveira dos Cen Anos gana el Mestre Mateo / RC Celta

Vigo
O himno do Centenario do Celta non deixa de recibir recoñecementos. «Oliveira dos Cen Anos», o videoclip producido por C. Tangana, foi galardoado co premio Mestre Mateo 2024 na XXII edición que se celebrou este sábado no Coliseum da Coruña.
"Se esta obra serve para que a xente descubra a beleza da nosa lingua, se abra á nosa cultura, se sinta orgullosa e conecte coas nosas raíces, será unha das vitorias máis importantes", aseguraba Gael García no seu discurso ao recoller o galardón. "Todo un recoñecemento á nosa historia, á nosa tradición, aos nosos 100 anos de Afouteza e Corazón. E o máis valioso, un recoñecemento para todo o celtismo".
O videoclip oficial, que xa conta con 3,6 millóns de reproducións desde a súa publicación na plataforma de Youtube, segue a colleitar éxitos, desta vez na gala do audiovisual máis importante de Galicia. Producido por RC Celta, C. Tangana e Little Spain, compartía nominación na categoría de Mellor Videoclip con «Ruando» de Mondra, «Fai tempo» de The Rapants e «A pequena morte» de Caamaño e Ameixeiras.
Esta fin de semana tamén se soubo que o himno foi nomeado nos prestixiosos Football Business Awards 2024, premios que recoñecen a parte máis empresarial do fútbol. A produción de RC Celta, C. Tangana e Little Spain está nomeada nas categorías de Mellor campaña dun club e Mellor compromiso dun club cos afeccionados.

Paula Montes
(Tui, 1980) Redactora de Radio Vigo. Desde hace casi 20 años sigue la información del RC Celta y está...




