Sociedad | Actualidad

“O capitalismo foi quen de facernos pensar que non hai outra forma de vivir”

O vilasantés Borxa Colmenero presenta `O governo neoliberal da vida´ no Museo da Limia o sábado ás seis da tarde

O vilasantés Borxa Colmenero presenta o `O governo neoliberal da vida´

Ourense

“O capitalismo foi capaz de facernos pensar que non hai outra forma de vivir”, así explica Borxa Colmenero un dos aspectos que están presentes no seu libo `O governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós) foucaltiana´.

Doutor en dereito e en teoría política, Borxa Colmenero presentará o libro o sábado 6 de abril, ás seis da tarde, no Museo da Limia. Ademais, estará acompañado por Xosé Manuel Pérez Bouza e o editor Roberto Abuín.

Colmenero pasou polos micrófonos de Radio Limia Cadena SER para falar deste libro da editorial Axóuxere e a incidencia do neoliberalismo na nosas vidas que, segundo o autor “determínanos por completo porque, dende o punto de vista dos estudos foucaltianos, non é só un modelo económico ou unha ideoloxía é que a túa dinámica dende pequeno, na maneira en como te relacionas co mundo está mediada polo capital”.

Tamén, asegura o investigador vilansantés, que o neoliberalismo ten, ademais, un desenvolvemento tecnolóxico arredor das formas de vida. A solidariedade e as experiencias comunitarias permiten fuxir desas dinámicas.