Sociedad

Limisi participará na carreira de obstáculos `O Camiño Race´

Dende a asociación de persoas con diversidade funcional sinalan a importancia da inclusión

Entrevista con Yanira Pazos sobre a participación de Limisi na carreira obstáculos `O Camiño Race´

05:41

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1713452077744/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Limisi participará na carreira de obstáculos `O Camiño Race´ o domingo 21 de abril. O obxectivo para esta asociación de persoas con diversidade funcional é visibilizar na capacidade deste colectivo tamén nos deportes e "exercer voluntario, que normalmente o recibidimos”, explica a coordinadora do centro ocupacional e encargada de voluntariado de Limisi, Yanira Pazos.

Dende Limisi participarán catro persoas nesta carreira de obstáculos que estes días están facendo o percorrido de proba. Agardan que, como primeira experiencia, “como mínimo rematemos a carreira e pasalo ben”. Ademais, hai un dorsal solidario a tres euros “para dar continuidade ás actividades de Limisi”, a favor desta asociación na que teñen un Centro Ocupacional dende onde imparten formación para "unha inclusión real na sociedade". Ademais, teñen unha vivenda tutelada “para estas mesmas persoas adultas que queiran emanciparse”.

Doutro lado, ofrecen servizos de logopeda, terapeuta, pedagoga, psicóloga, etc e o Cóxegas, unha empresa de inserción laboral para persoas con discapacidade. Trátase dunha cafetería con parque infantil, un proxecto que acaba de comezar. Deste xeito, esta asociación que traballa na comarca da Limia, traballa pola inclusión real e a participación na carreira `O Camiño Race´é unha forma de darlle visibilidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00