Política | Actualidad

José Tomé cerra filas con Pedro Sánchez e califica a Feijóo de "mentira andante"

Para o Presidente da Deputación de Lugo, o PP fai das faltas de respeto a súa bandeira política e afea a Ameijide que "só saiba insultar"

Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, é claro e cerra filas con Pedro Sánchez: "Non sei a decisión que vai tomar, pero si sei cal sería a que me gustaría... que sega liderando o goberno de España, non sei se con moción de confianza ou non, pero que non marche".

Tomé asegurou nunha entrevista en Hoy por Hoy Lugo que o PP ten feito dos enganos e das faltas de respeto a súa bandeira política. O socialista recorda cando "Feijóo mentíu sobre Touriño, que lle acusaba de mercar coches moi caros por temas de seguridade, blindados... e todo era mentira. Él é unha mentira andante e o está extendendo a todo o partido", sentencia.

Mirando ao máis próximo, o presidente da Deputación lucense afea ao portavoz da oposición, Antonio Ameijide, que "só saiba insultar e non propoñer nada". Dende a súa aterraxe na portavocía popular, Ameijide leva criticando de forma continuada os aires "de dictador" do socialista.

"O señor Ameijide chamoume dictador e moitas cousas máis que non vou citar por respeto á xente. Pero é que é o que saben facer, insultar e facer cousas que nin os mellores sketch de humor. Imaxes e videos que son de todo menos serios", asegura.

Dende o PP se lle acusa a Tomé de "facer redes de amiguismos" cos concellos do PSOE e do BNG. Aseguran que os cartos da administración local non se reparten dun xeito equitativo e perxudican aos conservadores. Pola súa banda Tomé deféndese "cos datos na man, que xa llos demos, poden comprobar que hai prácticamente empate de investimentos entre uns concellos e outros".

A residencia de Becerreá é outra das liortas políticas que máis levan quentado os plenos. José Tomé recoñece que non está dentro da liña implantada no modelo de residencias co que levan traballando dende hai anos, porén "hai que escoitar, e se hai razones pois se dan". Tomé di que o rexedor do concello "non ten a razón, pero imos traballar nesa residencia, pero estamos apurando todos os trámites para poder ter luz porque nin luz hai".

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora