Recta final para a 61ª Feira do Viño do Ribeiro
A delegación da Xunta en Ourense acollía a presentación deste evento que chega con novidades
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Ribeiro
A 61ª edición da Feira do Viño do Ribeiro foi presentada onte na delegación da Xunta en Ourense, desta maneira comeza a conta atrás para un evento senlleiro.
Este ano a feira desenvolverase esta fin de semana, do 3 ao 5 de maio, con 36 bodegas e colleiteiros. A feira mantén o formato, con algunha novidade, principalmente a zona gastronómica de tapeo e restauración.
Tanto o alcalde de Ribadavia, César Fernández, como o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares, destacaron a importancia deste evento como motor económico entre outras moitas virtudes.
Asemade en dita rolda de prense atopábase o novo delegado da Xunta de Galicia , Manuel Pardo, que ademáis de dar a noraboa por unha edición máis con pregoeiro de honra, Celso Rodríguez, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, destacou o afán por querer seguir apostando polo sector vitivinícola e pola creación de emprego e apoio á eficiencia.