Sociedad

Seis motobombas novas e charlas en centros educativos: os plans de Medio Rural para loitar contra os incendios

A conselleira María José Gómez matizou en Hoy por Hoy Lugo as polémicas declaracións sobre os lumes que van no "ADN de Galicia"

María José Gómez: "Ser nomeada conselleira de Medio Rural foi unha sorpresa, pero estou agradecida"

María José Gómez: "Ser nomeada conselleira de Medio Rural foi unha sorpresa, pero estou agradecida"

09:53

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1715098165553/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

María José Gómez é unha das caras novas que pasaron a conformar o executivo de Alfonso Rueda tras as eleccións autonómicas do 18 de febreiro. Entrou no Goberno galego como conselleira de Medio Rural, unha área que enfronta retos complexos como o éxodo rural, o desenvolvemento do sector primario ou a loita contra os incendios.

Dá o salto á política autonómica dende a alcaldía de Guntín, no que gobernou cunha ampla maioría absoluta, e despois de ter exercido varios cargos relacionados coa cultura e a educación. Recoñece que a proposta foi unha "sorpresa total" e que "non o esperaba para nada", pero amósase "emocinada e agradecida pola confianza que o presidente Rueda depositou en min". Apunta, a pesar de todo, que "no corazón sempre seguirei sendo un pouco alcaldesa".

Retos do rural galego

María José Gómez entende o rural como un medio "complexo e diverso" e avanza que as súas políticas nos próximos catro anos se xirarán en torno a tres eixos. En primeiro lugar sinala a necesidade de impulsar "a agricultura e a gandeiría, non só a de leite e carne, senón tamén a apicultura e outros tipos de explotacións".

Para iso pensa que é necesario desenvolver "a ordenación, xestión e protección do territorio" e fai especial fincapé na recuperación da terra agraria: "Canta máis extensión produtiva, menores son os costes para as explotacións". Por último, Gómez fala de poñer en valor "os produtos que saen de Galicia", e destaca a necesidade de "protexer e defender o monte".

Loita contra os incendios

A xestión forestal é unha peza imprescindible para limitar o impacto dos incendios, que na provincia de Lugo constitúen unha das maiores preocupacións de concellos como o Courel ou na comarca da Mariña, onde se produciron os lumes máis grandes dos últimos anos.

Más información

Neste sentido, a conselleira pon en valor o plan de incendios que a Xunta de Galicia ten activado, que califica como "un referente en España e a nivel europeo". "Non hai ningunha comunidade que teña un dispositivo coma o galego, cun orzamento de máis de 41 millóns de euros para a prevención e dentención de lumes", apunta.

Destaca tamén o traballo dos profesionais antiincendios porque "son os mellores e están moi formados" e as "tecnoloxías de última xeración que se empregan nas tarefas de vixilancia dos montes máis a maquinaria". Neste sentido, anuncia a incorporación de seis motobombas que se repartirán entre os distritos forestais da provincia de cara o verán.

Sobre todo María José Gómez recalca a importancia de concienciar á poboación: "Xa se están a desenvolver dende charlas en centros educativos ata campañas informativas para facer chegar que é vital coidar o noso monte e a nosa natureza, en definitiva o que é Galicia, verde".

Mala interpretación

En materia de incendios María José Gómez viuse envolta na polémica aos poucos días de xurar o cargo, tras dicir que os lumes formaban parte "do ADN de Galicia". A conselleira recoñece que foi unha "xeneralidade" e que se "malinterpreotou" a mensaxe. Asegura que pola súa parte non houbo "mala intención ningunha" nesas palabras e engade que quen a coñece "sabe que é así".

Xustifícase dicindo que "por desgracia, todos sabemos que no verán, tradicionalmente e sobre todo no sur de Galicia e o norte de Portugal, estamos a sufrir moitos incendios, e non é cousa dos últimos anos, senón un feito histórico". Engade ademáis que vén "da política municipal, onde todo é un pouquiño diferente", e pide comprensión mentres se adapta ao novo cargo.

Altri

Sobre a afectación que podería ter a planta de Greenfiber na comarca da Ulloa sobre o medio rural e as explotacións agrogandeiras da zona, a conselleira apunta que "haberá opinións para todos os gustos, e cada un pode dar a súa", e engade que Altri só se instalará en Palas "se cumple a legalidade, coma calquera outra empresa".

Na súa opinión, que todos os procesos da cadea de valor se realicen en Galicia permite que "os beneficios queden aquí tamén". "Temos que entender que o beneficio, tanto se falamos de produtos da horta como da madeira, ou calquera outra materia, está no valor engadido", sinala, "así que se o facemos aquí quedará en Galicia e retornará aos petos dos veciños".

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00