Ocio y cultura

Xinzo vístese de época para celebrar a Feira das Mozas

O sábado 11 de maio Ailá actuará na vila, onde haberá xogos tradicionais, mostra de oficios e foliada

Falamos con Iván Prado da Asociación A Pantalla sobre a Feira das Mozas

06:11

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1715266130013/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora

O sábado 11 de maio, Xinzo de Limia celebra por terceira vez a recuperación da súa Feira das Mozas. Unha xornada que comezará ás cinco e media da tarde con xogos populares, continuará coa mostra de oficios e saberes e dúas actuacións. A primeira de Lembranza Solpor, ás sete e media da tarde, e a segunda de Ailá, ás oito e media da tarde. Para rematar, haberá foliada pola zona vella.

Esta iniciativa, explica Iván Prado da Asociación A Pantalla, tamén é un xeito de poñer de manifesto outros aspectos que caracterizan a vila porque "Xinzo e o Entroido son un mesmo nome, pero non é o único que temos. Está infravalorado en moitos aspectos".

A Feira das Mozas tradicionalmente era o 14 de maio mais, como este ano cae en día de semana, optaron por celebrala o sábado 11."Era un dos días máis importantes do ano, a feira máis grande que había na vila, tempo de campos cheos de froitas, e rapazas e rapaces de Xinzo e das comarcas facían compras e tamén viñan coa intención de mocear, era moi común agasallar un caravel para amosar a solteiría, tamén como comunicación e amizade", di Prado.

Ademais, fan un chamamento para que as persoas asistentes se caractericen con roupas dos anos 50. A celebración da terceira edición evidencia a boa acollida que tivo, tal e como contan desde a asociación, "antes non era tan sinxelo mocear, a xente maior ve esta feira con ledicia porque era un día importante para eles".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00