Sociedad

Os nenos e nenas da Coruña percorren as rúas da cidade no Correlingua

Participaron un dous mil escolares, que partiron ás 11 de Riazor para chegar á festa final na Torre de Hércules

Os nenos e nenas de Coruña percorreron esta mañá as rúas da cidade no arranque do Correlingua. Un dous mil escolares participaron nesta edición baixo o lema "Dende aquí ata acolá, saio xa". Saíron ás once de Riazor para chegar á festa final con actuacións musicais na Torre de Hércules, desde a unha.

Este ano a organizadora, A Mesa pola Normalización Lingüística, alertou da "situación de emerxencia" do idioma. En Coruña apenas o 5% dos nenos escolarízase en galego na súa entrada ao sistema educativo e un cuarto deles ao terminar a ESO di descoñecer o idioma.

O Correlingua é o colofón final dunha campaña de normalización que inclúe distintas actividades como concursos de canto ou de creación artística. Ao longo do mes de maio haberá 10 "correlinguas" máis, en distintas cidades galegas.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00