Ocio y cultura

O presidente da RAG pide "corrixir erros" nun pacto polo galego con implicación de "todos"

A institución celebra na Coruña unha sesión extraordinaria para lembrar e reivindicar a figura de Luísa Villalta

Acto do Día das Letras Galegas na Coruña dedicado a Luisa Villalta / Real Academia Galega

A Coruña

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, instou a "corrixir erros" nun pacto polo galego con implicación de "todos", na sesión extraordinaria celebrada pola institución académica con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora coruñesa Luísa Villalta.

Más información

Foi nun acto celebrado no Teatro Rosalía da Coruña con presenza de académicos e autoridades, entre elas a do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, José López, que expuxo no Parlamento galego un pacto nesta materia.

Freixanes apoiou a iniciativa, aínda que tamén apelou a facer "crítica" e "autocrítica". "Corenta e uns anos despois da Lei de Normalización Lingüística e 20 anos despois do Plan de Normalización, que só parcialmente chegou a executarse, debemos afrontar a realidade do idioma".

"Pensando no seu futuro, no seu proxecto, máis aló das nosas fronteiras, na súa utilidade, no seu uso, con especial atención ás xeracións do futuro", insistiu. Para iso, considerou necesario "sentar a falar" de cara a deseñar "un novo horizonte que corrixa erros e abra esperanzas".

"E quizais todos ceder algo", expuxo tamén ao considerar que deben escoitarse "todas as voces, sen excluír a ninguén", xa que, a pesar dos "pasos xigantecos" dados, insistiu na necesidade de abordar cambios para facer fronte á transformación rural, a mobilidade social, así como os hábitos de consumo das novas xeracións.

"Temos problemas na transmisión familiar, problemas de socialización, non de prestixio, si de uso", recalcou Freixanes, quen advertido de que "sería triste deixarse levar a unha situación litúrxica onde o galego se recoñece en grandes cerimonias e na práctica estar expulsado".

Homenaxe a Luisa Villalta

Todo iso nun discurso con alusións ás creacións en galego e as distincións co recoñecemento a este respecto e con palabras de eloxio ao labor da homenaxeada, Luísa Villalta, da que tanto Freixanes como os demais intervinientes no acto destacaron o seu "compromiso".

"Exemplo dunha xeración dacabalo entre dous séculos que non renunciaba ao futuro", sen esquecer o legado, expuxo, dos seus avós. Isto nun acto coa participación das académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e do académico Euloxio Ruibal.

A primeira fixo un percorrido pola obra dunha autora "que se transforma e transfórmanos desde o profundo e esixente edificio literario", sinalou sobre a súa obra. "Luísa Villata é unha das figuras máis complexas, atractivas e representantivas do fin do século XX en Galicia", engadiu Ledo.

Á súa vez, Ruibal analizou o teatro da autora, "cheo de riqueza temática e estrutural". Isto nun acto coa lectura de fragmentos e referencias ao seu legado, literario e extraliterario para trazar un retrato da intelectual e do seu compromiso coa "xustiza social" ante a presenza tamén de familiares de Villalta.

A emoción da familia de Luisa Villalta, figura intelectual que loitou pola igualdade

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00