Ocio y cultura

A revista Lethes, o que agocha o número 16 sobre a Limia

A presentación da última publicación farase no Museo da Limia o vindeiro 25 de maio

Entrevista a Manuel Seoane sobre  o número 16 da revista Lethes

Entrevista a Manuel Seoane sobre o número 16 da revista Lethes

06:37

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1716285701479/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O Museo da Limia, en Vilar de Santos, acollerá o vindeiro sábado 25 de maio, ás seis da tarde, a presentación da revista Lethes. Trátase do número 16 desta publicación que naceu no 1999 e que contará coa presenza de Santiago Ferrer Sierra, arqueólogo de Aquis Querquennis, e co acompañamento musical de Lois Prado.

Manuel Seoane, un dos seus promotores, pasou polos micrófonos de Hoy por Hoy A Limia para falar dos temas que se inclúen nesta publicación e destacou que "cando se publicou o primeiro número, pensabamos que para o segundo número xa non habería contidos".

Entre eles un conto de Xosé Antonio Carreira, que tamén é o autor de comentarios sobre fotografías de Xinzo de Limia. Ademais, hai contidos de carácter arqueolóxico, histórico e doutras facetas culturais. Un exemplo é o do artigo de Víctor Pérez que fala das mentiras que se empregaron, dende o punto de vista médico, para desecar a Lagoa de Antela. Outro artigo, o de Miguel García Fernández, céntrase na presenza feminina na comarca da Limia. O número inclúe ademais unha achega sobre os deportados da Limia despois da Guerra Civil e a través da II Guerra Mundial baixo a sinatura de Bárbara María Pérez.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00