Política

“Pediremos a implicación outras administracións con Brandomil”

Lolo Muíño falou no Pleno Alberto de Radio Nordés da actualidade do Concello

Pleno Aberto con Lolo Muíño, alcalde de Zas (22/05/2024)

40:21

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1716395443514/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Zas

O alcalde de Zas confía en que lle dediquen o Día das Letras Galegas a Labarta Pose o vindeiro ano coincidindo co 100 aniversario do pasamento do autor.

Muíño confirmou que, agora que xa hai goberno na Xunta, pedirán que se implique nas escavacións de Brandomil. Este verán continuarán para consolidar a calzada, entre outras actuacións.

Respecto ao proxecto do parque científico tecnolóxico, asegurou que en breve sairá a licitación da redacción do plan parcial urbanístico, recorda que é un proxecto a longo prazo e confía que sexa unha realidade ao final de lexislatura.

O alcalde destacou a situación económica do concello, actualmente dispoñen duns catro millóns de euros aforrados e o orzamento do 2024 achégase aos sete millóns. Destaca o importante investimento nas vías municipais, tamén teñen previstas actuacións en saneamento ou a traída da auga.

O concello de Zas ten neste momento 141 usuarios dos servizos de dependencia, unha cifra superior a concellos moito maiores. Muíño recorda que é a Xunta a que tería que asumir o custe destes servizos e non trasladarllo aos gobernos locais.

O alcalde de Zas destacou tamén a fortaleza do sector comercial de Baio.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00