Aberto o prazo para anotarse no Concilia Verán
O Concello de Ribadavia organiza un ano máis este campamento
Ribadavia
O Concello de Ribadavia como un xeito de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante o verán organiza "Concilia verán".
Este programa ten como obxectivo o goce no tempo estival, dos nenos e das nenas, tanto dende un punto de vista pedagóxico, tanto como no de poder vivir unha experiencia que axude a potenciar o seu desenvolvemento persoal e autonomía.
O prazo de solicitude está aberto ata o día 7 de xuño. As solicitudes poderán presentaranse no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia ou forma telemática na sede electrónica do Concello: ribadavia.sedelectronica.gal.