Sociedad | Actualidad

Os agricultores da Limia traballan arreo nunha sementeira que vai con atraso

Falamos coa presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores, María Teresa Joga, en Hoy por Hoy A Limia

María Teresa Joga en Hoy por Hoy A Limia

María Teresa Joga en Hoy por Hoy A Limia

06:27

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1716977915706/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Xinzo de Limia

O tempo solleiro fai que estes días os tractores da Limia estean moi activos “para levar adiante os labores de sementeira que este ano van como moito atraso”, afirma a presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia María Teresa Joga.

Con ela tamén falamos da ampliación do prazo das axudas da Política Agraria Común (PAC) até o 15 de xuño, algo que “supón un alivio para os agricultores que estes días están apurados. Ademais, había fincas que se apuntaran para dedicarse ao trigo e, coas novas circunstancias meteorolóxicas houbo que facer unha variación nos cultivos”, explica Joga.

Ademais, recentemente dende ADEGAL reuníronse coa deputada popular Cristina Campero para trasladarlles distintas necesidades, entre elas a limpeza de canles perante os asolagamentos. Outra demanda histórica da que falaron foi do depósito de residuos e a necesidade de xestionalos. Por iso, agardan reunirse proximamente coa conselleira de Medio Rural María José Gómez.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00