Asunción Morgade: “É evidente o abandono da terra, en Rairiz non había concentración parcelaria”
A alcaldesa de Rairiz de Veiga pasou polos micrófonos de Radio Limia Cadena SER
Falamos coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade
Xinzo de Limia
O concello de Rairiz de Veiga está a mellorar os accesos a varios puntos do municipio. Estas melloras son fundamentais “nun concello disperso como o noso”.
Tamén a arrancou o traballo de campo da concentración parcelaria, que está na fase de levantamento topográfico. Un proceso que está a suscitar dúbidas por parte da veciñanza, xa que “é evidente o abandono da terra agora mesmo, moita xente de fóra na súa vida pisou as fincas”. A rexedora afirma que están a disposición para axudar no que sexa posible e mandou unha mensaxe de tranquilildade.
Tamén falou Morgade do Campamento de Verán, que contará cunha empresa especializada.