En San Xoán, a sardiña mollará o pan
Todo listo na Coruña para celebrar a noite máis longa do ano

¿Vamos a tener sardinas en San Xoán?
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
No San Xoán a sardiña molla o pan. Así o di o refrán, e así será este ano. En Hoy por Hoy A Coruña baixamos ata o Mercado da Praza de Lugo para comprobar se habería sardiñas para a noite máis longa do ano, e a resposta é afirmativa. Moitos eran os postos nos que abundaba a sardiña, cunha escama de cor prateada que xa nos convida a vernos na tarde noite do domingo.
Más información
Falamos con Ana, de Pescados e mariscos Beatriz, e comentábanos que este ano "vén medianiña, pero con moi boa pinta e moi bonita". A sardiña grande foi escasa nesta campaña, polo que o seu prezo é máis elevado: entre 10 e 12 euros o quilo. A sardiña mediana está arredor dos 6 euros.
Ana recoméndanos mercala xa, porque a de mañá será a mesma pero máis cara. En comparación con outros anos, a sardiña mantense máis ou menos igual de prezo, pero destaca que vén "con bastante casca e escama, como lle gusta á xente".
Con brona ou con pan, este ano volveremos gozar da sardiña polo San Xoán.
A falla, a punto
A falla xa está preparada para prenderse e dar comezo á noite meiga. Nela pode verse unha Torre de Hércules que exerce de eixo central para celebrar os 15 anos como Patrimonio da Humanidade, acompañada de Luisa Villalta, poeta coruñesa á que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.
Tamén están presentes os éxitos deportivos do ano na Coruña: o Básquet Coruña, representado cunha laranxa encestando nunha canastra; e o Dépor ABANCA e o Dépor masculino, a lombos desa piña que tantas alegrías nos deu esta tempada, con Yeremay, Lucas Pérez e Mella, encabezando coa súa melena branquiazul.
Unha falla para celebrar, rir e lembrar, antes de que o lume leve o vello e dea paso ao novo.
Tempo estable
O San Xoán poderá celebrarse sen chuvias, así o confirman as predicións de Meteogalicia e a AEMET. Agárdase un día con nubes e claros, pero sen probabilidade de precipitacións.
En canto á temperatura, durante o día os termómetros marcarán arredor dos 21 graos, mentres que pola noite a mínima será de 16 graos. Todo listo, pois, para unha noite meiga seca e agradable.





