Economía y negocios

A campaña do polbo deixa insatisfeito ao sector

Prezos insuficientes e moitos exemplares inda ovados fan abrir o debate sobre prolongar os períodos de veda

O arranque de campaña do polbo é decepcionante / SOPA Images

O arranque de campaña do polbo é decepcionante

Costa da Morte

Se a gastronomía é un dos atractivos da Costa da Morte, nas mesas o polbo é un dos grandes protagonistas. Dende o 1 de xullo as embarcacións xa calan nasas e buscan un produto que está decepcionando neste arranque de campaña. José Siaba, patrón dun dos barcos que raballa na captura desta especie, amosaba esta mañán a súa contrariedade nos micrófonos de Radio Nordés. "A campaña é fatal. O pouco que se colle é cativo" afirma mentras dirixe a porto o seu barco. "Vamos para terra un barco con tres homes, tiramos 600 nasas e levamos 10 quilos de polbo. Se lle sumo o valor do gasoil e o da carnada non compensa sair ao mar. Onte xa non viñemos e mañán ímolo pensar" describe mentras vaticina un mal panorama para estas semana. "Imos a pasar un verán moi mal, moi mal".

Para José Siaba o problema radica no escaso período de veda establecido para esta especie, o que provoca que moitos exemplares inda estén ovados, en plena reprodución. "Este non é un mes para abrir a campaña do polbo. Cada ano peor. Da igual dous que catro meses, esto vén de atrás. Recortaron as vedas e agora non hai nada que facer" explica desesperado. Pola súa experiencia, a campaña "non se debía abrir en xullo" xa que o máis axeitado para facilitar a repoboación sería un período de veda "de abril a setembro". O problema para chegar a un acordo é a falta de unanimidade no sector, xa que "sempre hai confrarías que non queren porque teñen lanchas pequenas e son os que menos fan". Unha oposición que, na súa opinión só perxudica a todos, grandes e pequenos. "Ao final imos ao tacho todos"

"

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00