Ocio y cultura

Poesía, relatos e aventuras no noso Faiado dos Libros

Conversamos no faiado con Celia Fernández, responsable del Espazo Lector Nobel

O faiado dos libros do 12 de xullo

Ourense

É venres 12 de xullo, é día de compartir ledicia literaria coa responsable do Espazo do Lector Nobel, Celia Fernández.

E na tríada de recomendacións, un ourensán, Rodrigo Cortés co seu libro `Cuentos telúricos´. Unha antoloxía de relatos “case fantásticos”.

Desta volta é a quenda da poesía. Habitar as fendas de Gisele Mato, XII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey publicado por Xerais. Unha reflexión sobre a vulnerabilidade que caracteriza a existencia humana.

E, da Colección Merlín de Xerais, `Axencia Galega de Asuntos Máxicos´que, con texto de Miguel Alonso e ilustracións de Víctor Rivas, formula unha entretida aventura de misterio e fantasía.

Conversamos no faiado con Celia Fernández, responsable del Espazo Lector Nobel.